domingo, 29 de novembro de 2015

Adeus

Falara cos ventos do ardalén
de auga que asubiaba entre as rochas.
Moito sabían elas da música
que fan as buguinas que gardamos
nos petos da chaqueta.

Eu sentara na area feita cos
pensamentos das pedras,
soterrara a cabeza para saber
se tamén levaran os meus onda elas.

Agora na auga navegaba
porque moitos din que o mar lava
borróns de tinta das nosas páxinas.

Así, vento, area e auga
levaban colgantes cos barcos
daqueles mariños nenos.

A vila marchara e esquecérme,
xamais fun barco de vela
só soñara con chegar a aquel porto.

Eu quedara coa buguina nas miñas mans
e aprendíalle a chorar as cantigas
do vento, da area e da auga.
Dixéralle adeus á miña vila.

Novas publicacións


En vista da progresiva desertización que padece o blog, engadirase un novo tipo de publicacións.
Esta decisión foi tomada co obxectivo de poder ofrecer un contido de calidade.
Agardo a vosa aceptación destas novas composicións, principalmente artigos críticos.
Agradézovos que leades os meus poemas, a prosa poética e mais os artigos, e grazas polo voso tempo.

Atentamente:
A dirección do Blog.