xoves, 8 de maio de 2014

Noxo

Víanse sombras de ambición,
amparadas nun noxento orballo
atraídas por promesas de diñeiro
coma bechos ás uvas dun capacho.

mércores, 7 de maio de 2014

Fío de cristal


Volvín sentir
aquelas emocións desexadas.
Volvín querer
voar cara unha chama.

Quixen dicir
tan só dúas palabras.
Quixen falar
e as verbas me traizoaban.

Teño medo
a arder sen control.
Teño pánico
a unha melodía sen son.

Vivo nun intre
fráxil coma un fío de cristal,
do que pendura a esperanza
ou un tráxico final.
No que tan só dúas palabras
escriben o final.