luns, 21 de abril de 2014

Tic-Tac

Espertar
horarios
présas
reloxo e axenda
a tempo completo
en todos lados
semellante prisión
de papeis e números
e contas perfectas.
Pero eu
pequena engranaxe
mínima peza
comezo a saírme
máis rápido...
máis!
TLING!

martes, 8 de abril de 2014

Ánima

Avante pola senda das estrelas,
a que foi unha vez aquela
perdida na porta dos soños.

Contempla a súa reflexión,
nun espello de consciencia
fendido pero sen gretas.

Vislumbra a súa forma
con ollos de experiencia
pechados pero con iris de ceo.

Busca o único que lle falla
nesta existencia de eternidade efímera,
achégase pero non acada.

Ánima quebrada pola sombra da dúbida,
sostida por esperanzas en tempo forxadas,
ferida por un baleiro cheo de lembranzas.

Ánima, avante en cometas azuis,
garda nos seus soños segredos
a palabra que falta nestes versos.